Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O XURADO TIVO QUE ESCOLLER ENTRE 1.466 DEBUXOS

Xa temos gañadores/as do Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2019

14 colexios e escolas de infantil e primaria participaron nesta edición do tradicional certame que convoca a Concellaría de Cultura

Xoves 5 de decembro do 2019 Cultura

O xurado reuniuse hoxe no Pazo da Cultura

O xurado reuniuse hoxe no Pazo da Cultura

Hoxe, xoves 5 de decembro, tivo lugar no Pazo de Cultura a reunión do xurado que fallou o Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2019, convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo. O xurado estivo constituído por alumnado dos centros de ensino CEIP Bergantiños e Colexio Artai; un representante da Asociación Cultural Nemeth de Carballo, Alberte Liñares; un artista, Manuel Eirín, e en nome do Concello de Carballo, o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e a técnica de Cultura, Carmen Castro.

Nesta edición participaron os seguintes centros educativos, cun total de 1.466 debuxos presentados: CEIP Canosa-Rus, CEIP Bergantiños, CRA Ponte da Pedra Xoane, CEIP Fogar, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CRA Ponte da Pedra Sísamo, CRA Ponte da Pedra Rega-Bértoa, CRA Ponte da Pedra Berdillo, CEIP A Cristina, CRA Ponte da Pedra Artes, CRA Ponte da Pedra Cances e Colexio Artai.

Logo das oportunas deliberacións, resulta elixida como 1º premio, o CARTEL GAÑADOR, cun regalo valorado en 175€, a presentada por Mia Cancela Viña, de 7 anos do Cra Ponte da Pedra-Escola de Verdillo. Tal como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertenza o gañador deste galardón recibirá un premio por valor de 150 € en material didáctico, polo que este ano recae no CRA Ponte da Pedra-Escola de Verdillo.

En segundo lugar resulta elixido como 2º premio, valorado en 100€, a POSTAL GAÑADORA presentada por Alba Eirín Castillo, 11 anos do CEIP Gándara Sofán.

Ademais, concédense os seguintes ACCÉSITS, que recibirán un premio por un valor aproximadamente de 60€: 

  • Nagore Calvelo Espasandín, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
  • Rafael Abelenda García, 8 anos, do Colexio Artai
  • Lucía Bermúdez Chouciño, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
  • Jorge Lago Pérez, 6 anos, do CEIP Bergantiños
  • Lucía Vázquez Mato, 11 anos, do Colexio Artai. 

O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta utilizarase para a felicitación das festas do Nadal desde o Concello, ademais de servir como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.

Compartir: