Cultura

Cultura

- 2021 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

AO REDOR DOS MUROS EN NADAL

A Concellaría de Turismo programa unha oferta de actividades de lecer inspiradas polas obras de arte urbana

Venres 4 de decembro do 2020

A Concellaría de Turismo ten previsto desenvolver entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro unha oferta de actividades de lecer que xira ao redor dos murais de arte urbana da vila. "Ao redor dos muros en Nadal" consiste nunha serie de citas dirixidas a público familiar para que podan gozar con seguridade destas datas. Xogos para desenvolver ao aire libre, visitas guiadas polos murais e pequenas representacións teatrais, tamén nas obras de arte de Derrubando Muros con Pintura, para animar as rúas estes días e vivir o Nadal dun xeito diferente.

As primeiras citas serán ao longo da ponte da Constitución entre o sábado 5 e o martes 8 de decembro e consisten en pequenas pezas de teatro coordinadas por Galeatro cos actores e actrices de AC Teatro Vagalume. Debido ás condicións meteorolóxicas, estas primeiras representacións serán no segundo andar do Mercado Municipal. A entrada é libre ata completar o aforo máximo que marcan as medidas de seguridade pola COVID. Os horarios son os seguintes:

  • Sábado 5 de decembro:
    • Carapuchiña (inspirada no mural Carapuchiña feroz) con dúas sesións ás 12.00 e 12.30 h.
    • Nadadores (inspirada no mural A Orixe) con dúas sesión ás 18.00 e 18.30 h.
  • Domingo 6 de decembro:
    • Romeo e Xulieta (inspirada no mural I missed you) con dúas sesións ás 12.00 e 12.30 h.
  • Luns 7 de decembro:
    • Do revés  (inspirada no mural Vergoña) con dúas sesión ás 18.00 e 18.30 h.
  • Martes 8 de decembro:
    • Noivos por Internet (inspirada no mural De camiño vou) con dúas sesión ás 18.00 e 18.30 h.

Está previsto que haxa unha nova quenda de representacións entre o 18 e o 22 de decembro da que se anunciarán os horarios e emprazamentos en vindeiras datas. O programa "Ao redor dos muros en Nadal" complétase cun programa de rutas guiadas polos murais de arte urbana que se desenvolverán entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro e do que tamén se anunciarán os horarios proximamente. Por último, a partir do 21 de decembro e até o 5 de xaneiro quen o desexen poderán participar nun xogo no que hai que atopar as pescudas que están agochadas nos murais de arte urbana. Con premio para quen o remate!

Compartir: