Cultura

Cultura

- 2021 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO 10 AO 17 DE DECEMBRO

“A vila do mañá” volve cun formato virtual pero co mesmo desexo de implicar á infancia no deseño do Carballo do futuro

O proxecto, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, desenvolverase ao longo das vacacións de Nadal

Mércores 9 de decembro do 2020

Imaxe da edición de xullo do 2018

Imaxe da edición de xullo do 2018

Dous anos despois dunha primeira, interesantísima e proveitosa experiencia, este Nadal recuperamos o proxecto “A vila do mañá”, pero cun formato virtual que nos permitirá seguir involucrando á infancia no deseño dun Carballo do futuro no que tamén haberá que ter en conta todos os cambios que a COVID-19 está traendo ás nosas vidas.

Como imos facer para non perder a esencia do proxecto? A creadora de “A vila do mañá”, a arquitecta Sandra González Álvarez, ten a solución: “Para manter a esencia das actividades créase unha caixiña cos materiais necesarios para realizar as diferentes accións que se lle proporán aos participantes a través dunha área privada na páxina web aviladomañá.com”.

Haberá actividades que os/as participantes deberán realizar tanto dentro coma fóra da casa. Carballo converterase este Nadal nun taboleiro de xogo semellante ao do xogo da oca, pero conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos e culturais que configuran a nosa vila. “É importante _apunta Sandra González_ que dende pequenos coñezamos o valor do noso hábitat para o día de mañá ser conscientes da súa valía e saber coidalo, por iso unha parte importante do proxecto é a divulgación do valor artístico e histórico onde se desenvolven os talleres, para elo créase un caderniño con estas pezas fundamentais na historia das vilas e cidades que traballamos, que terá por título nesta edición: Dálle cor a Carballo”.

Nos vindeiros días poderedes saber máis sobre as propostas que temos preparadas. Polo momento, abrimos un prazo de inscrición do 10 ao 17 de decembro para todos os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queiran estar presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común que é Carballo. As familias interesadas deben cubrir o formulario que atoparán a continuación.

Ligazóns

Compartir: