Cultura

Cultura

- 2021 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A BIBLIOTECA REGO DA BALSA ABRIRÁ MAÑÁ DE 10.00 A 13.00 HORAS

As bibliotecas de Carballo superaron este ano os 8.000 préstamos e incrementaron os usuarios dixitais

A Concellaría de Cultura reforza os servizos das bibliotecas coa ampliación do horario de apertura ao público e un amplo calendario de actividades

Mércores 30 de decembro do 2020

Corren malos tempos para a lírica, pero dende a Concellaría de Cultura intentamos que sexan un pouco mellores facilitando o acceso da cidadanía a actividades como as que realizamos durante o Verán Cultural, o ciclo Primavera enDanza en Outono ou o recente Nadal Pequespectacular, e tamén o acceso a recursos como os que nos ofrece a rede municipal de bibliotecas.

Nesa liña vimos de ampliar o horario de apertura ao público das dúas bibliotecas, de xeito que, dende o pasado día 21, funcionan de luns a venres en horario continuo de 09:30 a 20:00. A Biblioteca Municipal Rego da Balsa, ademais, abre os sábados pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas. Estes horarios manteranse despois do Nadal, porque estes días, debido precisamente ás festas, temos algúns cambios. Esta semana, por exemplo, a Biblioteca Rego da Balsa non abrirá o sábado, pero si o fará mañá, 31 de decembro, de 10:00 a 13:00 horas, e tamén o 5 de xaneiro, de 09:30 a 14:30 horas.

O peche obrigado durante o estado de alarma, e as medidas de prevención establecidas posteriormente, restaron afluencia ás bibliotecas. Aínda así, a actividade mantívose a bo nivel, como demostran os 8.314 préstamos realizados (1.878 na Biblioteca do Museo e 6.436 na Rego da Balsa). Nesta última leváronse a cabo, así mesmo, 12 espectáculos e actividades dirixidos ao público infantil, e para facilitar a asistencia implantouse un sistema de retransmisión en streaming que está a acadar unha boa acollida. O 3 de febreiro retomaremos as visitas dos Ratos de Lonxedetodo, que, se a situación sanitaria o permite, seguirán vindo á biblio todos os meses ata fin de curso.

Outra das consecuencias da crise provocada pola COVID-19 foi o aumento do número de usuarios dixitais. De feito, só durante o estado de alarma rexistráronse 36 altas.

Tanto sexa de forma telemática coma presencial, contacta coas nosas bibliotecas:

  • Biblioteca Municipal do Museo: Teléfono 981 70 40 41
  • Biblioteca Municipal Rego da Balsa: Teléfono 981 75 85 80 - Correo electrónico: biblioteca@carballo.gal
E se queres consultar o catálogo de material dispoñible, entra aquí: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Compartir: