Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

MARTES 16 DE MARZO, ÁS 19.30 HORAS, NO PAZO DA CULTURA

"Da guerra coma arte á arte en contra da guerra" reivindica o papel da arte galega na denuncia dos conflitos armados

Unha conferencia impartida pola historiadora da arte Rosario Sarmiento achegará ao público carballés o relato da guerra na arte contemporánea de Galicia

Luns 15 de marzo do 2021 Cultura

Reivindicar o papel comprometido e de denuncia dos e das artistas galegos fronte aos conflitos armados é o eixe do ciclo de actividades culturais ‘Da guerra coma arte á arte en contra da guerra’. O Pazo da Cultura de Carballo acolle mañá martes 16 de marzo, ás 19.30 horas, unha conferencia da historiadora da arte Rosario Sarmiento enmarcada neste programa, que conta co apoio da Deputación da Coruña e co que se quere achegar á sociedade galega o relato da guerra a través da arte contemporánea de Galicia.

“A guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas consecuencias ten sido na arte contemporánea un tema sobre o que moitos creadores traballaron, denunciando moitas veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si calquera conflito armado”, explica Rosario Sarmiento. Sen embargo, “non será ata finais do século XVIII e comezos do século XIX, cando a maneira máis académica de relatar as guerras como acontecementos heroicos ou grandiosos será posta en cuestión por un artista como Francisco de Goya, que marcará a modernidade deste xénero artístico”, apunta.

En Galicia, Ramón Parada Justel, un dos compoñentes da chamada Xeración Doente será pioneiro nesta denuncia en 1899, co cadro A familia do anarquista o día da execución, sendo un dos nosos primeiros creadores contemporáneos que se achega á temática da violencia da guerra. “O golpe de estado de 1936, coa represión, o terror e a tremenda experiencia da Guerra Civil serán claves para o posicionamento e a denuncia de moitos dos artistas que contribuirán á modernidade da creación plástica nas primeiras décadas do século XX en Galicia”, sinala Sarmiento.

Nomes como Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto e Federico Ribas denunciarán aos responsables do golpe e a dramática situación da poboación civil. Tamén Isaac Díaz Pardo, Conde Corbal, Agustín Pérez Bellas, Mercedes Ruibal, Xaime Quessada, Francisco Leiro, Jorge Castillo, Reimundo Patiño, Xavier Correa, Antón Patiño ou Caxigueiro expresarán o seu compromiso e deixarán en moitas obras a súa mirada de compromiso fronte á realidade da guerra.

A iniciativa está organizada pola firma cultural A Forxa, co apoio da Deputación da Coruña, e coordinada pola historiadora da arte Rosario Sarmiento.

Ligazóns

Descargas

Compartir: