Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Descenso do Anllóns volve co San Xoán con nove embarcacións inscritas e un percorrido máis curto

O Concurso de Cachelas acada a súa 33ª edición con cinco participantes

Martes 21 de xuño do 2022

O regreso do San Xoán implica tamén o retorno dos dous concursos que levan máis anos vinculados ás nosas festas. O xoves 23 asistiremos a unha nova edición do Concurso de Cachelas. Son xa 33 anos e centos de participantes, aos que se sumarán outros cinco neste 2022.

Polo simple feito de participar, sempre que reúnan unha calidade mínima, a cada cachela correspóndelle unha gratificación de 20 a 50 euros. O xurado realizará o percorrido a partir das 19.30 horas do día 23, e valorará a orixinalidade do deseño e distintos aspectos da elaboración. A gañadora recibirá un premio de 600 euros e trofeo de Sargadelos patrocinado por Calvelo Platería; a segunda, 300 euros; a terceira, 200, e a cuarta, 150. Tamén poderán outorgarse accésits por valor de 200 euros, do mesmo xeito que, se así o estima oportuno, o xurado poderá deixar deserto algún dos premios.

E o sábado 25 volve tamén o Descenso do Anllóns, para o que contamos nesta ocasión con nove embarcacións inscritas. A organización decidiu acurtar o percorrido para facilitar o descenso, dada a escaseza de auga na canle. Deste xeito, o punto de partida estará situado no Bosque do Añón, no espazo onde se celebra a Festa do Bosque. Os participantes poderán acceder dende o Añón para trasladar as súas embarcacións ata o punto de partida, onde deben presentarase ás 17.00 horas para a valoración e a recollida de dorsais. A saída realizarase a partir das 18.00 horas.

As embarcacións participantes recibirán unha gratificación de 40 euros e poderán optar, ademais, aos seguintes premios.

  • 1º Premio á embarcación máis orixinal: 300 € e vale de 150 € patrocinado por Dequip
  • 2º Premio á embarcación máis orixinal: 200 €
  • 3º Premio á embarcación máis orixinal: 125 €
  • 1º Premio á tripulación máis simpática: 200 €
  • Premio ás probas de habilidade: 100 €
  • Premio á embarcación máis veloz: 100 €
O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 250 €

Compartir: