Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O Club Atletismo Carballo organiza a V Carreira Nocturna Solidaria

Sábado 30 de marzo do 2019 19:45 horas - Rúas de Carballo

O Club Atletismo Carballo -en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte, Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista Carballo e a AD Media Ducia- organiza a V Carreira Popular por parellas "De dous en dous", que se celebrará o vindeiro 30 de marzo.

A proba nocturna, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, ten un carácter inclusivo -poden participar deportistas con diversidade funcional- e solidario, a favor de Cruz Vermella, Cáritas e a ONG Miradas al mundo.
 
Nesta edición, Atletismo Carballo programou ademais dúas actividades paralelas: a animación do grupo de percusión SomDoLilá e os obradoiros de pintura e globoflexia cos que entreterá á cativada a empresa carballesa de actividades deportivas e de ocio Playmakers.

As inscricións, ata un máximo de 600 corredores -incluídas todas as categorías en competición: pitufo, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e adultos-, faranse a través de www.carballo.gal e www.carreirasgalegas.com ata o mércores 27 de marzo. Serán gratuítas, coa opción, non obrigatoria e solidaria, de entregar, ao recoller o dorsal, un litro ou quilo de comida non perecedoira ou produtos de hixiene infantil, que se destinarán a Cruz Vermella e Cáritas; Miradas al mundo aceptará lapis, afialapis e gomas de borrar para que poidan aprender a ler e escribir os nenos de Guinea, un dos países cos que colabora na actualidade esa ONG. Anímate e participa! Xa hai máis de 150 parellas inscritas!!!


Organiza: Club Atletismo Carballo
Colabora: Concello de Carballo, Carballo Deporte, Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista Carballo e AD Media Ducia

Compartir: