Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Recepción aos xogadores de Balonmán Xiria que participaron no Campionato de España de Seleccións Territoriais

Os deportistas asinaron no Libro de Honra do Concello de Carballo

Mércores 25 de xaneiro do 2017

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo, recibiron esta tarde na Casa do Concello aos xogadores do Balonmán Xiria que participaron con Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais, disputado en Cataluña entre 2 e 7 deste mes: os infantís do Garaysa Juan Pereira e Mario Cancela, quintos clasificados, e os xuvenís do Laber Juan Carlos Rodríguez e Andrés Vila, que acadaron a medalla de prata.

Ferrero transmitiulles aos deportistas os parabéns de parte de toda a corporación, felicitacións que fixo extensivas ás Escolas de Balonmán Xiria polo gran traballo que realizan cada temporada a prol do deporte de base, no que o club carballés é desde hai anos un referente en toda España.

Logo de asinar os xogadadores no Libro de Honra, todos os asistentes ao acto mantiveron unha animada conversa sobre balonmán.

Compartir: