Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

AXENDA DEPORTIVA FIN DE SEMANA

Venres 18 de maio do 2018

ATLETISMO

Esta fin de semana celébrase en Ferrol e en Ribeira o Campionato Provincial Escolar de atletismo para as categorías benxamin, alevín e infantil.

O Atletismo Carballo estará representado por Olalla Lodeiro, Marte Eirís, René Vila e Saúl Abelenda (lanzamento de pelota), Berket López e José Manuel (2000 metros); Tesfaye Chao (salto de lonxitude); Inés Vilariño (2 quilómetros marcha); Ainhoa Manteiga (80 metros lisos, 80 metros vallas e triatlón); equipo alevin masculino de relevos (Berket, Rubén, Alejandro Martínez e Alejandro García); equipo infantil masculino de relevos (José Manuel, Aitor, Rodrigo e Alberto).

BALONMÁN

O Balonmán Xiria Calvo volve a ser esta fin de semana protagonistas dunha das citas do ano paro o deporte carballés. O equipo que adestra Fernando Vázquez intentará desde hoxe en Santoña, por quinta vez na historia do club, acadar o ascenso á División de Honra Prata, segunda categoría do balonmán estatal. Estes son os tres enfrontamentos que o separan do éxito:

  • VENRES ACB BM Santoña-Calvo Xiria (municipal de Santoña, 20.30 horas).
  • SÁBADO Calvo Xiria-Cajasur de Córdoba (municipal de Santoña, 20.30 horas).
  • DOMINGO Eldense-Calvo Xiria (municipal de Santoña, 10.30 horas).
E as ligazóns para ver os partidos en streaming. Forza, Xiria!!!
https://www.youtube.com/watch?v=wh0o6aGJTEU
https://www.youtube.com/watch?v=i0hAZGwa25A
https://www.youtube.com/watch?v=WBEekVoPM3U

FÚTBOL

Non menos histórica é a cita deste sábado para o Bergantiños. Os de Miguel Filgueira enfróntase ao Cirbonero (Cintruénigo, Navarra) na ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División B (Campo San Juan, 18.00 horas), categoría na que non militan desde finais dos anos 80. O partido de volta disputarase nas Eiroas o día 27 de maio. Os perdedores desta fase terán unha segunda oportunidade e xogarían na seguinte fase do playoff contra segundos, terceiros ou cuartos clasificados da liga regular. Os gañadores avanzarán a unha segunda rolda na que entrarán os perdedores da rolda dos campións da liga regular. Os que superen esta fase xogarían a eliminatoria final que dará que repartirá as prazas de ascenso.

O resto de partidos para o Bergantiños e as Escolas Luis Calvo Sanz, no cadro superior.

BALONCESTO

Rematan a temporada as júnior de Carnicería Daniel Artai coa disputa da final da Copa Coruña 2018 contra o Básquet Coruña de Adrián Seijas (Riazor 2, 20.00 horas). Será a terceira vez que ambos equipos se vexan as caras esta temporada cun balance dunha vitoria para cada conxunto. Gañaron as carballesas na súa visita a Coruña (34 a 49) e perderon en Carballo (44 a 50), polo que se supón un encontro igualado e sen favoritos, non sendo o factor cancha, a favor das coruñesas. Resto de partidos, cadro adxunto.

Sen nada importante en xogo, os partidos da Escola Basket Xiria no cadro adxunto.

NATACIÓN
21 Triatletas de base representarán á AD. Fogar na 1ª proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlón, que se disputa este sábado en Nigrán. http://www.adfogar.com/blog/escola-de-natacion-e-triatlon/21-triatletas-de-base-representaran-a-la-adfogar-en-nigran

A Liga Galega Alevín de natación decídese este sábado na piscina do Club del Mar de San Amaro coruñés (15.30 horas). A AD Fogar (11º da clasificación conxunta, 7º en categoría masculina e 12º na femenina) estará representada por 21 nadadores (10 rapazas e 11 rapaces).
http://www.adfogar.com/blog/natacion/la-liga-gallega-alevin-se-decide-el-sabado-en-en-club-del-mar

Compartir: