Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Aberto o prazo de preinscrición para os campamentos deportivos de verán que organiza a Deputación da Coruña

Xoves 18 de maio do 2023

O Concello de Carballo conta con 10 prazas para os Campamentos deportivos de verán 2023, organizados pola Deputación da Coruña e que se celebrarán nas instalacións do IES Rosalía Mera, na Coruña. Ao noso concello correspóndelle a cuarta quenda, dende o 23 ata o 28 de xullo. Toma nota dos requisitos para participar:

  • O prazo de preinscrición está aberto ata o 7 de xuño. Os/as interesados/as deben cubrir a ficha anexa e presentala no rexistro do Concello de Carballo.
  • Os campamentos van destinados a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014, e que estean empadroados no concello de Carballo.
  • Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán organizadas pola Deputación da Coruña.
  • A cota de participación individual é de 85 euros, que deberán pagar unha vez confirmada a praza.
  • No suposto de ter máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público para adxudicalas o xoves 14 de xuño ás 10:00 h, na casa do concello.

Descargas

Compartir: