Educación

Educación

Escola Oficial de Idiomas

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo é unha sección da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, ten as súas instalacións no Pazo da Cultura e comezou a súa actividade no ano académico 2004-2005 co primeiro curso de inglés e coa vontade de ir incorporando novos niveis e idiomas. Nestes momentos, impártense os niveis básico e intermedio de alemán; os niveis básico, intermedio e avanzado de francés; e os niveis básico, intermedio, avanzado e C1 de inglés.  Ademais, todos os anos se ofrece a posibilidade de cursar ensinanza de inglés a distancia (That'sEnglish) nos niveis básico e intermedio.

Para acceder á EOI son condicións indispensables ter cumpridos os 16 anos ou cumprilos no ano académico; ou ben, para nos casos de maiores de 14 anos, matricularse nunha lingua diferente á que o alumno ou alumna curse como primeira lingua estranxeira nos seus estudos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

A preinscrición para acceder á EOI adoita realizarse a partir do mes de xuño. Os interesados e interesadas poden obter máis información sobre as datas e procedementos de matrícula na propia escola. Por último, hai que mencionar que a EOI ofrécelle ao alumnado a posibilidade de formar parte dun grupo de teatro afeccionado en inglés dirixido por un dos profesores do centro co obxectivo de mellorar a práctica oral do idioma. Adoita a realizarse unha representación teatral anual de entrada libre que normalmente ten lugar no mes de maio no Auditorio do Pazo da Cultura.

Escola Oficial de Idiomas

Pazo da Cultura. Rúa do Pan, s/n
15100 - Carballo
Teléfono:  981 701 172
Xefatura de estudos: 620 001 487
Fax: 981 704 303

Ligazóns

Compartir: