Formación e emprego

Fórum Carballo

Presentación

Fórum Carballo

O Concello ten como unha das súas prioridades a creación de ferramentas para facilitar a formación da poboación e a súa busca activa de emprego. O proxecto Fórum Carballo integra todas as pezas do armazón que compón a xestión das accións formativas e a posta en marcha dos seus recursos nun espazo único.

Trátase dun complexo municipal enfocado á prestación de servizos, á formación e á dinamización do emprego no ámbito do municipio de Carballo e da Costa da Morte.

O Fórum ten capacidade para desenvolver,nestes momentos,un total de 25 especialidades formativas homologadas que teñen por obxecto facilitar unha formación axustada ás necesidades do mercado laboral e encamiñadas á obtención de certificados de profesionalidade.

O recinto conta con cinco edificios:

  • Edificio 1: Auditorio, sala de exposicións e aulas de usos múltiples. Está equipado para desenvolver actividades de formación e promoción empresarial.
  • Edificio 2: Destinado á orientación laboral e promoción empresarial, acolle o Centro Municipal de Formación Ocupacional, a Oficina de Promoción Económica do Concello (OPE) e o departamento de Turismo.
  • Edificio 3: Acolle os talleres das familias profesionais de Fabricación Mecánica, Transporte e mantemento de vehículos e electricidade e electrónica.
  • Edificio 4: Acolle as instalacións das actividades formativas da familia profesional de Hostalería e Turismo. Tamén, no segundo andar, as dependencias dos talleres pertencentes á familia profesional de Madeira, moble e cortiza e fabricación mecánica (Carpintaría metálica). Neste edificio atopamos, así mesmo, as aulas teóricas destas familias profesionais.
  • Edificio 5: Talleres de cantaría, prefabricados, albanelería e Aula de GravadoMunicipal. No segundo andar hai aulas equipadas para desenvolver obradoiros de informática.

Ligazóns

Compartir: