Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Menú:


Destacados

Liña directa
Avisaweb: Concello de Carballo
Perfil de contratante


Poboación do Concello:

Xa somos 31.466


Actualidade de Atención Cidadá

RECLAMOUSE DIANTE DA DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA

Carballo alega contra a inclusión dunha parcela situada na área de influencia do río Bardoso como receptora de lodos de depuradora

Carballo alega contra a inclusión dunha parcela situada na área de influencia do río Bardoso como receptora de lodos de depuradora

O Concello de Carballo vén de sumarse ao Concello da Laracha e ten presentado unha alegación contra a inclusión dunha parcela situada no polígono 131 do municipio veciño como receptora de lodos de depuradora (PTLD). Os terreos, situados en Montemaior, nunha zona limítrofe con Carballo, lindan polo vento norte co rego das Seixiñas, que á súa vez desemboca as súas augas no rego do Bardoso. A reclamación tense presentado diante da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria que mantén en exposición pública a listaxe de parcelas propostas para ser receptoras de lodos de depuradora co obxecto de trasladar a información que se considere relevante relativa á situación de mananciais, puntos de captación e condicións non inventariadas. Carballo expón na súa alegación e informe técnico, elaborados por unha enxeñeira do Concello, a situación do proxecto de mellora do sistema de abastecemento de auga a Carballo Anllóns-Bardoso, que suporá completar o abastecemento actual coa execución dun novo depósito regulador (na imaxe, nestes momentos case rematado) e unha nova toma no río Bardoso cunha estación de tratamento asociada que completará a actual toma do Anllóns. Na reclamación solicítase que se teña en conta que as augas da parcela seleccionada "desembocan no río Bardoso, no cal se realizará a captación de auga para o abastecemento á poboación do núcleo de Carballo". O Concello larachés xa ten presentado a súa alegación seguindo tamén as directrices dos técnicos municipais ao considerar que a inclusión da parcela podería afectar a varios afluentes do Bardoso.

Ler

O Concello anima aos veciños e veciñas a que adopten na Canceira Municipal, na que nestes momentos hai doce animais

O Concello xestionou 64 permisos para celebrar festas patronais e populares en 2014 que supuxeron 103 xornadas festivas

Ver todas

Actualidade de Vive en Carballo

O Nadal Pequespectacular inclúe catro actuacións de teatro, música, monicreques e maxia entre o 26 e o 30 de decembro

18/12/2014 O Nadal Pequespectacular inclúe catro actuacións de teatro, música, monicreques e maxia entre o 26 e o 30 de decembro

O Nadal Cultural continúa cunha das actividades máis esperadas do programa, o xa consolidado Nadal Pequespectacular que este ano inclúe catro citas no Pazo da Cultura que ofrecen espectáculos de diversos formatos e estilos para todos os públicos con teatro, música, títeres e maxia. Todas as funcións son no Pazo da Cultura a partir das 18.00 horas. O prezo das entradas é de 3 euros prezo ordinario e 2 euros reducido para os menores de 12 anos e maiores de 65. As propostas comezan o venres 26 de decembro coa compañía Sarabela Teatro, que presenta "O último dragón". Personaxes heroicos, seres fantásticos, nenos valentes, acción e moitas sorpresas nunha historia de convivencia que fala sobre o poder enriquecedor da cultura. O sábado 27 é a quenda do grupo de Pablo Díaz co espectáculo de música "Toc Toc", o segundo traballo músico-literario de Pablo Díaz, que viu a luz a través da editorial Galaxia no ano 2013. "Toc toc" é a chamada á porta do mundo dos nen@s. Un mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo que a través do rock, pop, folk e tamén soul, serán unha combinación perfecta para gozar da música moderna que se mesturará coa tradición musical galega. Este grupo musical acaba de recibir o Premio Martín Códax ao mellor grupo de música infantil. O luns 29 o programa continúa co mago Pedro Volta e o seu espectáculo "Ilusionante". Unha viaxe ao mundo da fantasía con moitos trucos emocionantes e con diversión para todos os públicos.


Axenda de Vive en Carballo

22/12/2014 Obradoiro de árbore xenealóxica de Nadal na Ludoteca Municipalicon

Ver todas

Actualidade de Inviste en Carballo

Xestur saca a concurso solo empresarial no Polígono Industrial de Bértoa con bonificacións do 50 por cento no prezo de venda

17/12/2014 Xestur saca a concurso solo empresarial no Polígono Industrial de Bértoa con bonificacións do 50 por cento no prezo de venda

O consello de administración de Xestur Galicia aprobou esta semana bonificacións de ata o 50 por cento no prezo de venda do solo empresarial propiedade desta empresa pública dependente do Instituto Galego de Vivenda e Solo. As bonificacións insírense na Axenda da Competitividade Industrial de Galicia e aplicaranse ao solo dispoñible no Parque Empresarial de Bértoa carballés no seu índice máximo do 50 por cen. Estarán vixentes até o 30 de novembro de 2015, e para un máximo de vendas de 500.000 metros cadrados. No momento en que foran vendidos ditos 500.000 metros cadrados as bonificacións deixarán de ter efecto. A bonificación dos prezos obriga á empresa pública a convocar un concurso público de venda deste solo, concurso que será convocado despois das festas de Nadal. Ao mesmo poderán presentarse todas as empresas interesadas na adquisición de solo e que cumpran os requisitos que se establezan no correspondente prezo de bases. Hai que lembrar que aos descontos que ofrece Xestur, hai que sumar unha bonificación do 95 por cento para o Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras (ICIO) que o Concello de Carballo ofrece en función do investimento realizado e do número de empregos que se creen na nova empresa. Así, o investimento mínimo debe ser de 100.000 euros e debe crearse alomenos un emprego estable. Ademais, hai que mencionar que o Parque Empresarial de Bértoa conta na actualidade con 718.000 metros cadrados de nova creación con 45 hectáreas distribuídas en 128 parcelas.


Ver todas


© Concello de Carballo, 2009