Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para cubrir unha praza de...

Proceso selectivo para cubrir unha praza de prácticas de titulado/a universitario na área de Urbanismo do Concello de Carballo

No documento adxunto publícase a composición do tribunal, a listaxe de admitidos/as e a data de valoración de méritos correspondente ao proceso selectivo para cubrir unha praza de prácticas de titulado/a universitario no Concello de Carballo no departamento de Urbanismo - Prácticas profesionais integradas no programa de formación empresarial FUAC.

Todos/as os/as admitidos/as deberán presentarse o día 10 de febreiro, ás 10,00 horas, no Fórum Carballo, para a fase de valoración de méritos.

“Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados”.

Descargas

Compartir: