Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Procesos selectivos para confeccionar listaxes de...

Procesos selectivos para confeccionar listaxes de substitución de profesor/a do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, nas especialidades de linguaxe musical e violín

Nos documentos anexos publicamos a información relativa aos procesos selectivos para confeccionar listaxes de substitución de profesor/a do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, nas especialidades de linguaxe musical e violín. En concreto, a relación de aspirantes e puntuacións de violín, a proposta de lixtaxe de substitucións de violín, e a relación de aspirantes, puntuacións e proposta de listaxe de substitucións de linguaxe musical.

O prazo para presentar reclamacións rematará o venres 17 de marzo.

“Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados”.

Descargas

Compartir: