Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberta a convocatoria para solicitar...

Aberta a convocatoria para solicitar actuacións das 33 agrupacións que asinaron o Convenio Musical

Un total de 33 agrupacións asinaron este ano o Convenio de Actuacións Musicais, unha liña de axudas do Concello de Carballo que ten por obxecto contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no noso municipio, difundir o labor que realizan as agrupacións musicais de persoas afeccionadas e, por outra banda, colaborar coas diferentes entidades que ao longo do ano organizan diversos actos culturais.

Hai grupos de música e danza tradicional, de gaitas, de cantareiras, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música. A relación completa figura nun dos documentos anexos. Poden solicitar actuacións as asociacións, comisións de festas ou outras entidades culturais e sociais sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social en Carballo e que organicen e realicen actividades culturais que inclúan actuacións musicais. Toda a documentación figura nos anexos.

Descargas

Compartir: