Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Resultados do segundo exercicio do proceso...

Resultados do segundo exercicio do proceso selectivo para a contratación temporal de seis auxiliares de policía local

Xa podedes consultar os resultados do segundo exercicio correspondente ao proceso de selección de seis auxiliares de policía local para traballar con carácter temporal no Concello de Carballo. Os aprobados quedan convocados para o vindeiro día 16, ás 12 horas, na Casa do Concello, para a realización da terceira proba.

Nos documentos anexos figuran o cuestionario do segundo exercicio, as respostas correctas e as cualificacións dos aspirantes.

"Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados”.

Descargas

Compartir: