Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe de candidatos, nomeamento de tribunal e...

Listaxe de candidatos, nomeamento de tribunal e data para a selección de profesor de soldadura

O Concello de Carballo iniciou o proceso de selección dun/ha docente para impartir a acción formativa "Soldadura con electrodo revestido e TIG", correspondente ao plan AFD 2017-18. No documento adxunto pode consultarse a listaxe de admitidos, a composición da comisión de valoración e a data para as fases de concurso e oposición, que se desenvolverán o martes 26.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: