Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aprobada a concesión de axudas de estudos...

Aprobada a concesión de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo

O Concello de Carballo fai pública no documento que pode descargarse máis abaixo a relación de beneficiarios/as e excluídos/as na convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música.

Un total de 282 alumnos/as de Educación Infantil e 33 do CMUS recibirán neste curso 2017-18 as axudas convocadas pola Concellería de Educación. No primeiro caso son bolsas de 150 euros e no segundo equivalen ao 50% do custe da matrícula. En total, as achegas aprobadas polo Concello de Carballo suman 48.093,91 euros.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: