Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva de admitidos/as e...

Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación temporal de 10 auxiliares de policía

Aprobada a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación con carácter temporal de 10 auxiliares de polícía. A relación pode consultarse no documento adxunto. 

Ao mesmo tempo apróbase o nomeamento do tribunal e a convocatoria dos/as aspirantes para o primeiro exercició, que terá lugar o luns 16 de abril, ás 10.30 horas, no polideportivo Vila de Noia.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: