Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias O Concello de Carballo convoca 35 prazas de...

O Concello de Carballo convoca 35 prazas de socorrista para a temporada de praias

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 3 de maio, que pode consultarse no documento adxunto, publica a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal de 35 socorristas que prestarán servizo na Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático do Concello de Carballo durante a temporada de praias, previsiblemente desde o 9 de xuño ata a 8 de setembro do 2018. O prazo para presentar as instancias é de 10 días naturais a partir do 4 de maio.

Condicións dos/as aspirantes

Para tomar parte neste proceso selectivo os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento da formalización dos contratos:
a) Nacionalidade.
–Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, nos termos previstos no artigo 57 do TREBEP. Así mesmo os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
b) Idade.
–Ter cumpridos 18 años de idade.
c) Capacidade funcional.
–Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas que son obxecto do presente contrato. O cumprimento deste requisito acreditarase mediante certificado médico oficial.
d) Habilitación.
–Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. Idéntico requisito seralles esixido aos nacionais doutros Estados, no seu caso.
e) Compatibilidade.
–Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984 de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servicio das Administracións Públicas.
f) Profesionalidade.
–Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (sección: espazos acuáticos naturais), de conformidade co Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, segundo redacción dada por Decreto 35/2017, do 16 de marzo (DOG n.º 69 do 07/04/2017), que establece na súa disposición transitoria única unha prórroga automática do prazo de inscrición provisional ata o 10/04/2021.En defecto de inscrición, ter presentada a solicitude de inscrición no citado Rexistro Profesional, sempre, neste último caso, que desde a data de presentación da solicitude non teña transcorrido o prazo de 3 meses de que dispón a Academia Galega de Seguridade Pública para dictar resolución expresa. Neste caso deberase achegar, xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, copia de dita solicitude de inscrición no Rexistro Profesional e copia da declaración responsable segundo o modelo normalizado que figura como Anexo IV do dito Decreto 104/2012, así como do Título de Socorrista Acuático ou titulación equivalente ou que a englobe.

Descargas

Compartir: