Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Bases de selección do...

Bases de selección do alumnado-traballador/a e do persoal do obradoiro de emprego de garantía xuvenil "Mobiliario público para a contorna do Fórum Carballo"

Carballo acollerá por segunda vez un obradoiro de emprego para mozas e mozos de 18 a 30 anos de idade que estean inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A especialidade será de carpintería e moble. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 12 alumnos/as-traballadores/as, que terán un contrato de formación e aprendizaxe, coas retribucións correspondentes. Os/as candidatos/as do municipio de Carballo terán preferencia.

Nos documentos adxuntos figuran as bases para a selección tanto do alumnado como do persoal do obradoiro, que contará cun/ha director/a a xornada completa, un/ha mestre/a de carpintería a xornada completa e un/ha mestre/a de ensino básico a media xornada.

Durante os seis meses de formación teórico-práctica está previsto que o alumnado constrúa e instale mobiliario urbano na contorna do Fórum Carballo, en concreto nas rúas Luis Braille e Xílgaros.

Descargas

Compartir: