Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de axudas de estudos para alumnado...

Convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do CMUS de Carballo

Co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas, o Concello de Carballo convoca as “Axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo”.

As bases completas poden consultarse máis abaixo e tamén pode descargarse o impreso de solicitude. O prazo de solicitude estará aberto durante un mes a partir do xoves 4 de outubro, tal como figura no extracto da convocatoria publicada o mércores 3 no BOP.

Ligazóns

Descargas

Compartir: