Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe de admitidos/as, nomeamento de tribunal e...

Listaxe de admitidos/as, nomeamento de tribunal e data do proceso selectivo de docente para o curso AFD de electricidade

Por resolución da Alcaldía procédese ao nomeamento da comisión de valoración no proceso selectivo de docente para impartir o curso de "Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión", incluído no Plan AFD 2018-19. Así mesmo, no documento adxunto fanse públicas a listaxe de admitidos/as e a data de celebración das fases de concurso e oposición, que será o venres 16 de novembro.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: