Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva de admitidos/as no proceso...

Listaxe definitiva de admitidos/as no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de socorristas e técnicos de primeiros auxilios

No documento adxunto pode consultarse o nomeamento do órgano de selección e a listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 8 socorristas acuáticos e 5 técnicos de primeiros auxilios, así como as datas para a valoración de méritos na fase de concurso (martes 16 de xullo ás 10.00 horas) e para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición (mércores 17 de xullo, a partir das 09.00 horas).

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: