Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Baremación de méritos no proceso...

Baremación de méritos no proceso selectivo para a contratación de persoal para a brigada contra incendios

O tribunal do proceso selectivo para a contratación, en réxime laboral temporal, do persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios e de 3 operarios de motobomba (2019/E001/000010) reuniuse hoxe para realizar a baremación de méritos. As puntuacións acadadas polos/as candidatos/as poden consultarse no documento anexo.

Mañá ás 09.30 horas, no polideportivo Vila de Noia, comezará a fase de oposición.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: