Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe provisional do alumnado traballador/a do...

Listaxe provisional do alumnado traballador/a do obradoiro de emprego de garantía xuvenil de carpintaría

No documento axunto pode consultarse a listaxe provisional, por orde de puntuación, dos aspirantes que optan a participar como alumnos-traballadores/as no Obradoiro de Garantía Xuveníl “CARPINTARÍA DA MUSEALIZACIÓN DO EDIFICIO MUSEO DE BERGANTIÑOS”.

Son seleccionados/as, con carácter provisional, os 12 candidatos/as con maior puntuación final. Os/as aspirantes disporán dun prazo de 3 días hábiles, a contar a partir do día seguinte a esta publicación, para realizar calquera reclamación ou alegación que consideren oportuna. De non presentarse alegacións a listaxe convertirase en definitiva o xoves 19 de setembro. De presentarse alegacións o grupo mixto de traballo resolverá no prazo dun día, e publicarase a listaxe definitiva o venres 20 de setembro.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: