Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto a partir do 29 de febreiro o prazo de...

Aberto a partir do 29 de febreiro o prazo de solicitude das axudas para o alumnado de Educación Infantil e do CMUS

A partir do 29 de febreiro, e durante un mes, estará aberto o prazo de solicitude das axudas de estudos para o alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo.

O Concello, a través da Concellaría de Educación, outorgará un máximo de 350 bolsas para alumnado de infantil, por importe de 150 euros cada unha, e subvencionará o 50% dos gastos de matrícula no CMUS para os estudantes que cumpran os requisitos establecidos nas bases, que poden descargarse ao final desta nova xunto co modelo de solicitude.

Descargas

Compartir: