Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a contratación...

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 2 auxiliares de Protección Civil

No cadro de persoal do Concello de Carballo para 2020 (BOP núm. 28 do 11/02/2020) está prevista a provisión de dous auxiliares de protección civil, en réxime de contratación laboral de duración determinada.

  1. Con data 11 de maio de 2020 fanse públicas as bases da convocatoria.
  2. Con data 15 de maio de 2020 fanse públicas as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 69) e ábrese prazo de presentación de instancias.
Importante:  Tal e como establece a base cuarta das bases reguladoras desta convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Esta resolución terá eficacia inmediata e non quedará suspendida a súa aplicación durante o estado de alarma declarado por RD 463/2020, nin lle será de aplicación a DA 8ª do RD Lei 11/2020, do 31 de marzo.”

3. Con data 8 de xuño publícase un avance das datas de celebración das probas:
  • Convocar a todos os membros do tribunal para a valoración de méritos na fase de concurso que terá lugar o xoves 11 de xuño de 2020, ás 09:30 horas, na Base de Protección Civil situada na Avda. do Ambulatorio, S/N de Carballo.
  • Convocar aos aspirantes admitidos/as para a celebración dos exercicios da fase de oposición (probas físicas) que terán lugar o luns 15 de xuño de 2020.
    • Primeiro exercicio: carreira de 1.000 metros as 09:30 h. na Pista Polideportiva do Chorís, sita na Avda. de Bergantiños.
    • Segundo exercicio: realizarase na explanada do Parque de Bombeiros de Carballo, en canto remate o primeiro exercicio.
    • Terceiro exercicio: realizarase no auditorio do Fórum, en canto remate o segundo exercicio.
4. Con data 9 de xuño de 2020 fanse públicos a listaxe definitiva de admitid@s, a composición do tribunal e as datas definitivas de celebración do proceso selectivo.

5. Con data 16 de xuño de 2020 fanse públicas as puntuacións obtidas polos/as aspirantes nas distintas probas do proceso selectivo, o cadro de respostas correctas do 3º exame e as puntuacións finais.

Descargas

Compartir: