Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Provisión temporal dun posto de...

Provisión temporal dun posto de policía mediante comisión de servizos

  1. O Boletín Oficial da Provincia do 19 de maio (BOP núm. 70) publica o anuncio de provisión temporal dun posto de policía mediante comisión de servizos. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar dende o 20 de maio. Esta resolución terá eficacia inmediata e non quedará suspendida a súa aplicación durante o estado de alarma declarado por RD 463/2020, nin lle será de aplicación a DA 8ª do RD Lei 11/2020, do 31 de marzo.
  2. Con data 9 de xuño de 2020, o BOP publica o Requirimento da documentación acreditativa dos méritos no proceso para cubrir, en réxime de comisión de servizos, un posto de traballo de policía do Concello de Carballo. Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar a documentación.
  3. Con data 22 de xullo de 2020 fanse públicas as puntuacións outorgadas aos candidatos pola comisión de valoración na reunión celebrada o 15 de xullo, e que poden consultarse na imaxe axunta.

Descargas

Compartir: