Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Ampliación ata o 10 de xullo do prazo de...

Ampliación ata o 10 de xullo do prazo de solicitude das axudas ao estudo para o alumnado de Educación Infantil e do CMUS

O Concello de Carballo amplía ata o 10 de xullo o prazo para presentar as solicitudes das axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música.

REQUISITOS

  • É requisito indispensable que o beneficiario e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado no termo municipal de Carballo. 
  • Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa axunta, segundo o número de membros computables da familia. 
  • Os ingresos calcularanse por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Os membros que presentasen Declaración do IRPF de 2018, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT. 

CONSULTA DE DÚBIDAS

FORMAS DE PRESENTACIÓN

A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/ 

Con cita previa telefónica, nos seguintes rexistros: 

  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo: 981 704 100
  • Rexistro auxiliar de Cultura: 981 704 300
  • Rexistro auxiliar Servizos Sociais: 981 704 706
  • Rexistro auxiliar Deportes: 981 702 109
  • Rexistro auxiliar Fórum: 981 709 010 

DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA

  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos
  • Copia do libro de familia
  • DNI ou NIF provisional do beneficiario/a
  • Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a da axuda. 

Descargas

Compartir: