Proceso de selección de técnico/a de información e orientación laboral
O Concello de Carballo ten en marcha o proceso selectivo para o nomeamento como funcionario/a interino/a dun/ha técnico/a de información e orientación laboral para o período comprendido entre a toma de posesión e o 29 de novembro do 2020.
29 de xullo de 2020. Fanse públicas a relación de méritos das persoas candidatas e a puntuación da fase de oposición. A praza declárase deserta.
12 de agosto de 2020. Faise pública a relación de méritos das persoas candidatas na segunda convocatoria.
13 de agosto de 2020. Fanse públicas a relación de méritos das persoas candidatas e a puntuación da fase de oposición.