Proceso selectivo para a provisión temporal dun/ha técnico/a de información e orientación laboral
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 143, de 2 de setembro de 2020, publica as Bases e convocatoria do proceso selectivo para a provisión temporal dun/ha técnico/a de información e orientación laboral.
O día 6 de outubro publícase a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as e ábrese un prazo de 10 días hábiles, do 7 ao 20 de outubro, ámbolos dous incluídos, para a subsanación de documentación.
Rematado o prazo de subsanación, o 21 de outubro faise pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo, que se celebrará segundo o seguinte calendario:
- FASE DE CONCURSO. A comisión de valoración reunirase ás 09:30 horas dos días 22 e 23 de outubro para valorar os méritos presentados.
- FASE DE OPOSICIÓN. Celebrarase o mércores 28 de outubro ás 10:00 horas.
Con data 27 de outubro faise pública a corrección da relación de méritos, unha vez atendidas as reclamacións presentadas.
O 28 de outubro fanse públicas as puntuacións finais dos/as candidatos/as e a proposta de nomeamento.
Descargas
- Acta 3. Anexo II. Proposta de nomeamento
- Acta 3. Anexo I. Puntuacións finais
- Acta 2. Anexo I. Relación de méritos. Corrección
- Acta I. Anexo I. Relación de méritos
- Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as (21/10/2020)
- Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as (6/10/2020)
- BOP 2 setembro 2020
- Modelo de instancia dos procesos selectivos do Concello de Carballo