Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de administrativos/as mediante...

Proceso selectivo de administrativos/as mediante concurso-oposición por promoción interna

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica con data 23 de novembro de 2020 as bases e a convocatoria para a selección das prazas de funcionarios de carreira, subescala de administración xeral, escala administrativa, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2020 (OEP-01/20).

O Concello de Carballo convoca un total de 5 prazas, que se cubrirán polo sistema de concurso-oposición por promoción interna. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a partir dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), é dicir, do 1 ao 21 de decembro, ámbolos dous incluídos.

  • 15 de abril de 2021. Faise pública a listaxe de admitidos/as, xunto coa composición do tribunal e as datas dos exames.
  • 23 de abril de 2021. Publicación das puntuacións da fase de concurso.
  • 5 de maio de 2021. Publicación das puntuacións finais e da relación de candidatos/as seleccionados/as.
  • 2 de xuño de 2021. Publicación da relación de candidatos/as seleccionados/as tras a resolución de alegacións.

Descargas

Compartir: