Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Selección dun/ha funcionario/a de carreira...

Selección dun/ha funcionario/a de carreira para unha praza de arquitecto/a técnico/a - enxeñeiro/a técnico/a

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou con data 26 de novembro de 2020 as bases e convocatoria para a provisión dun/ha funcionario/a de carreira nunha praza de arquitecto técnico/a – Enxeñeiro/a técnico/a, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Carballo para 2020. 

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), é dicir, do 9 ao 28 de decembro. 

O 5 de febreiro de 2021 faise pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, que pode descargarse máis abaixo. A listaxe publícase no BOP o 10 de febreiro de 2011 e ábrese un prazo de 10 días hábiles para subsanación de erros, do 11 ao 24 de febreiro.

O 25 de febreiro de 2021 faise pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publica no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 2 de marzo.

Con data 26 de marzo publícase unha corrección de erro na listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

O 30 de marzo faise público o resultado da valoración de méritos. A data de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición o vindeiro xoves día 15 de abril do 2021, citándose aos aspirantes para as 11:00 horas da mañá nas dependencias do Forum Carballo, sito na Praza dos Bombeiros Voluntarios. O Tribunal reunirase na mesma data, ás 09:00 horas, a fin de confeccionar o exercicio.

O 16 de abril fanse públicos os resultados do primeiro exercicio e a convocatoria do segundo, que terá lugar o xoves 22 de abril, ás 09.30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Descargas

Compartir: