Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto ata o 5 de febreiro o prazo de solicitude...

Aberto ata o 5 de febreiro o prazo de solicitude para os cursos de salvamento e socorrismo acuático da Deputación

Dentro do Programa de Emprego Local promovido pola Deputación da Coruña, e no que participa o Concello de Carballo, está prevista unha acción formativa en salvamento e socorrismo na que poden participar persoas maiores de 18 anos empadroadas no noso concello e que poidan acceder a formación de nivel 2, xa que os cursos levan aparellado un certificado de profesionalidade. Terán preferencia as persoas desempregadas.

O prazo de solicitude está aberto ata o 5 de febreiro. As persoas interesadas deben inscribirse no Fórum Carballo, previa solicitude de cita no teléfono 981 709 011. As prazas dispoñibles asignaranse por orde de entrada.

Os cursos empezarán, previsiblemente, na primavera. Serán cinco horas diarias de formación teórica que se impartirán na Coruña, e o alumnado poderá ter dereito a unha axuda de asistencia diaria. A acción inclúe tamén unha parte práctica, que se desenvolverá durante o verán nas praias da provincia.

Máis información no documento axunto.

Descargas

Compartir: