Bases e convocatoria para a selección do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego “Fórum dual”. Concurso-oposición
O Concello de Carballo pon en marcha o procedemento de selección e contratación de persoal docente para o obradoiro dual de emprego Fórum dual, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. As prazas son as seguintes:
- 1 director/a (xornada completa)
- 1 mestre da especialidade de Cociña (xornada completa)
- 1 mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-rama sanitaria (media xornada)
- 1 mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-rama psicososcial (media xornada)
- 1 mestre/a titor/a para a impartición dos módulos de Educación básica, Orientación e información profesional, formación empresarial e asesoramento e os módulos de formación complementaria (media xornada)
- 1 auxiliar administrativo/a (media xornada)
O prazo de presentación de instanciás será de 5 días hábiles, desde o 13 ata o 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.
Con data 22 de setembro de 2022 faise pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, e no seu caso, listaxe definitiva, nomeamento do tribunal cualificador, data e lugar de celebración da fase de oposición e da fase de concurso do proceso de selección do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego Fórum dual.
28 de setembro de 2022: fanse públicas as puntuacións da fase de concurso.
29 de setembro de 2022. Resolución de alegacións e modificación da composición do tribunal. Resultados da fase de oposición, resultados finais, proposta de nomeamentos e listaxe de substitucións.
5 de outubro de 2022. Resolución de alegacións.
Descargas
- Publicación anuncio BOP 12 setembro 2022
- Bases da convocatoria
- Modelo de solicitude
- Listaxes de admitidos/as e excluídos/as, tribunais e datas do proceso selectivo
- Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as
- Puntuacións da fase de concurso
- Modificación da composición do tribunal
- Resolución de alegacións
- Puntuacións da fase de oposición
- Resultados finais do proceso selectivo
- Proposta de nomeamentos
- Listaxe de substitucións
- Resolución de alegacións