Convocatoria para a selección do alumnado do obradoiro dual de emprego “Fórum dual”
Xa está en marcha o proceso de selección do alumnado do obradoiro dual de emprego Fórum dual, promovido polo Concello de Carballo e financiado pola Xunta de Galicia.
O obradoiro dual de emprego Fórum dual contará con dúas especialidades formativas, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e cociña, en cada unha das cales haberá 10 alumnos/as-traballadores/as. O período de formación abranguerá 12 meses. Neste caso, o proceso arrincou coa preselección de candidatos/as por parte do Servizo público de emprego de Galicia, dende o cal saíron xa as correspondentes comunicacións postais a todos/as eles/as. Paralelamente, dende o servizo municipal de Formación e Emprego realizarase un envío de SMS a todos/as os/as aspirantes, que terán que superar, ao igual que o persoal docente, directivo e de apoio, un concurso-oposición. As bases detalladas de ámbalas convocatorias poden descargarse máis abaixo.
Seguimento do proceso selectivo
Con data 21 de setembro de 2022 fanse públicas a relación de aspirantes e as puntuacións da fase de concurso.
22 de setembro de 2022: publícanse as resolucións polas cales se procede ao nomeamento dos tribunais para a fase de oposición do proceso selectivo de alumnado de cociña e de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, ao tempo que se convoca ás persoas candidatas para o luns 26 de setembro no Fórum Carballo.
Publícase tamén unha corrección de erro na data da convocatoria.
23 de setembro de 2022: publicación da modificación da composición do tribunal cualificador do proceso de selección do alumnado-traballador/a do obradoiro dual de emprego Fórum dual nas especialidades de cociña e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
26 de setembro de 2022: publicacion das puntuacións das persoas candidatas nas fases de concurso e oposición.
28 de setembro de 2022: publicación das puntuacións definitivas e das listaxes de persoas seleccionadas.
Descargas
- Bases Cociña
- Bases Atención sociosanitaria
- Modelo de solicitude
- Relación de aspirantes e puntuacións da fase de concurso
- Tribunal e datas de exame de cociña
- Tribunal e datas de exame de cociña: corrección de erro
- Modificación da composición do tribunal da especialidade de cociña
- Tribunal e datas de exame de atención sociosanitaria
- Tribunal e datas de exame de atención sociosanitaria: corrección de erro
- Modificación da composición do tribunal da especialidade de atención sociosanitaria
- Puntuacións da fase de concurso actualizadas: cociña
- Puntuacións da fase de concurso actualizadas: atención sociosanitaria
- Puntuacións da fase de oposición: cociña
- Puntuacións da fase de oposición: atención sociosanitaria
- Puntuacións finais
- Persoas seleccionadas atención sociosanitaria
- Persoas seleccionadas cociña