Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de docente para impartir a...

Proceso selectivo de docente para impartir a acción formativa "Soldadura con electrodo revestido e TIG"

O Concello de Carballo fai públicas as bases e a convocatoria para a provisión, en réxime de duración determinada mediante un contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Soldadura con electrodo revestido e TIG", correspondente ao plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023 (2ª convocatoria).

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), polo tanto, estará aberto dende o luns 7 ata o venres 11 de novembro, ámbolos dous incluídos.

  • A valoración de méritos deste proceso selectivo será o luns día 14/11/2022 as 11:30 h. 
  • primeiro exercicio da fase de oposición será o martes día 15/11/2022 as 10:00 h.
O 15 de novembro fanse públicas as puntuacións da fase de oposición e as puntuacións totais.

Descargas

Compartir: