Actualidade de Inviste en Carballo

FINS DE SEMANA DE 13.00 A 15.00 E DE 20.00 A 22.00 HORAS

Aberto o prazo para participar na II Ruta do Pincho de Verán, que ten lugar entre o 7 e o 29 de agosto

Aberto o prazo para participar na II Ruta do Pincho de Verán, que ten lugar entre o 7 e o 29 de agosto

O Concello de Carballo, a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe Xosé Manuel García Guillín, convoca aos locais hostaleiros a participar na II Ruta do Pincho de Verán, co obxecto de promocionar os establecementos do núcleo urbano, así como os produtos típicos da zona. Poderán participar todos aqueles establecementos, restaurantes e bares situados na capital municipal carballesa. A ruta terá lugar os sábados e domingos, entre os días 7 e 29 de agosto, en horario de sábados e domingos de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas. Os establecementos interesados deberán presentar a súa solicitude na Oficina de Información Turística situada no Museo de Bergantiños antes das 20.00 horas do día 28 de xullo de 2010. Os establecementos servirán as tapas de xeito gratuíto con cada consumición.

Ler

Un total de 200 persoas asisten ás V Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

A consultora Nor Data Solutions SL, galardoada co 1º Premio Carballo Emprende a Ideas Empresariais

Ver todas

Actualidade de Atención Cidadá

Asinado na Deputación o convenio que permitirá a construción dunha segunda escola infantil para Carballo

28/07/2010 Asinado na Deputación o convenio que permitirá a construción dunha segunda escola infantil para Carballo

O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, veñen de subscribir na sede da institución provincial un acordo para a construción dunha escola infantil no municipio de Carballo. De acordo co convenio, a institución provincial destinará 550.000 euros para a edificación do novo centro infantil para nenos e nenas menores de tres anos, que se situará nunha parcela de 2.591 metros cadrados situada no entorno da urbanización de Riotorto na estrada de Razo. A aprobación da achega provincial para poder emprender a actuación realizouse na sesión plenaria ordinaria do mes de maio, e está previsto que as obras comecen antes de que remate 2010. Segundo se recolle no proxecto, o novo edificio distribuirase en dúas zonas principais: unha zona infantil composta por aulas e un espazo central de xogo e multiusos, na que se busca o contacto co terreo exterior para os xogos; e unha zona de adultos, que inclúe o espazo para o profesorado, un cuarto de servizo e outras instalacións.


Ver todas

Actualidade de Vive en Carballo

Berrogüetto presenta o seu quinto traballo, 'Kosmogonías', nun concerto na Praza do Concello

29/07/2010 Berrogüetto presenta o seu quinto traballo, 'Kosmogonías', nun concerto na Praza do Concello

O palco da Praza do Concello acolle o venres 30 de xullo ás 22.30 horas a presentación do quinto traballo de Berrogüetto, 'Kosmogonías', nunha das citas máis importantes incluídas no Verán Cultural 2010. Berrogüetto é un dos grupos galegos de música folk máis prestixiosos e con maior repercusión a nivel internacional. Con este disco, de novo, o grupo introduce matices de innovación e experimentación na música tradicional galega, utilizando como argumento a reflexión sobre a relación da humanidade co universo. Unha chamada optimista cara a consecución dun sistema máis xusto. Por primeira vez, nos seus quince anos de traxectoria, editan un álbum con voz masculina, a de Xabier Díaz, novo integrante da formación desde o ano 2008, que describe 'Kosmogonías' "unha pequena reflexión de mirar ao ceo para darnos conta do minúsculos que somos". Ademais, atopamos colaboracións nas letras de Manuel Rivas e Rosa Aneiros. Este espectáculo, gratuíto, conta coa colaboración da Deputación da Coruña.


Axenda de Vive en Carballo

19/06/2010 A exposición Formas-Carballo permanece no Pazo da Cultura até o 31 de xulloicon

29/07/2010 'Planet 51': na Escola Unitaria de Oza dentro do ciclo Noites de cineicon

Ver todas

Buscador:


Propoñemos

Obras de remodelación integral do mercado
Inviste en Carballo
Concurso adxudicación parcelas parque empresarial de Bértoa
Feiróns de Tempada
Rede de dinamización da sociedade da información
Cidade do Eixo Atlántico

© Concello de Carballo, 2009