Feiróns de Tempada

A Concellaría de Promoción Económica puxo en marcha no verán de 2008 o programa Feiróns de Tempada co obxectivo de impulsar o comercio local e consolidar e dinamizar as feiras e mercados tradicionais.

Apostouse polos catro feiróns que se celebran ao longo do ano, coincidindo cos quintos domingos de mes. Os feiróns son unha singularidade do mercado tradicional carballés e, aínda que a súa distribución varía segundo o ano, repártense cunha periodicidade trimestral, o que permite unha programación estacional e, xa que logo, a posta en valor dos mellores produtos de tempada.

Así, tendo cada cita as súas propias peculiaridades, no programa dos Feiróns de Tempada sempre está presente a oferta de ‘Merca-do bo’, unha iniciativa na que se potencian os hábitos de vida saudable (dentro do programa Carballo Saudable) potenciando o consumo de produtos frescos e da terra, relacionando o mercado tradicional e a dieta atlántica para acadar unha alimentación sa. Téntase, así mesmo, favorecer a interacción do comerciante co cliente como un elemento activo na consecución deste obxectivo.

Documentos descargables

Buscador:


Comercio de Carballo

© Concello de Carballo, 2009