Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 304 
Fax: 981 704 302 
nelvidal@carballo.gal

Ver localización

Formación

Actividades formativas

O proceso de normalización require intervencións formativas, tanto lingüísticas como sociolingüísticas. A través delas ensínalles galego ás persoas que non o coñecen e amplíanse entre a cidadanía diversos coñecementos. Estes xiran arredor da lingua, os dereitos lingüísticos, lexislación, accións normalizadoras, proxectos para a recuperación do galego, etc.

Algunhas das accións desenvolvidas neste sentido polo SNL do Concello de Carballo son:

  • Difusión de materiais que contribúen ao coñecemento da lingua, dos dereitos lingüísticos, da lexislación, dos recursos que axudan ao traballo en galego, etc.
  • Información e xestión da realización de cursos de lingua galega para a poboación en xeral, nomeadamente dos cursos preparatorios para as probas Celga.
  • Colaboración no deseño de programas de formación xerais para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora das actitudes lingüísticas.

Obradoiro de acollemento lingüístico e cultural

Asistentes ao obradoiro de acollemento lingüístico e cultural

Non naciches en Galicia e apetéceche coñecer costumes de aquí ao mesmo tempo que das a coñecer os teus? Queres saber que é un carballo, o agarimo, a troula ou o polbo? Gustaríache coñecer a lingua e cultura galegas, para saber máis ou para acceder mellor a un traballo aquí? Gustaríache que che dixesen: “Que rápido aprendiches a falar galego!”?

Estas son algunhas das preguntas que desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo vos lanzamos ás persoas nacidas fóra de Galicia para espertar interese en participar no Obradoiro de acollemento lingüístico e cultural que organizamos desde 2005 co obxectivo de que comecedes a ser novas galegas e novos galegos e a ter un primeiro contacto formativo coa nosa lingua e cultura, o que vos pode ser de grande utilidade para, por exemplo, acceder ao mundo laboral ou coñecer mellor a nosa sociedade.

Neste obradoiro práctico desenvólvense diversas actividades para coñecer a lingua (escrita e oral), a música, a literatura, a prensa, a xeografía, etc., galegas, e para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa. Se estás interesado/a, podes obter máis información no SNL: 981 704 304 | nelvidal@carballo.gal.

Compartir: