Inicio Carballo ao día Hemeroteca As instalacións culturais do Concello...

NOVOS HORARIOS

As instalacións culturais do Concello aplican os horarios de verán

Venres 1 de xullo do 2005

A biblioteca municipal terá un horario só de mañá, entre as 09.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. A biblioteca infantil e ludoteca municipal de Carballo substitúe o seu horario dos sábados por un horario de luns a venres entre as 11.00 e 13.30 horas e, pola tarde, entre as 18.00 e as 20.30 horas; para lle facilitar aos rapaces, sen obrigas escolares durante esta época, a organización do seu tempo libre.

A Aula Municipal de Informática pecha os sábados e varía o seu horario de luns a venres: as mañás estará aberta de 10.30 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 20.30 horas.

O Pazo da Cultura tamén aplica os novos horarios coa chegada do verán. Estará aberto ao público de luns a venres entre as 09.00 e as 11.00 horas da mañá e entre as 17.00 e as 21.00 horas pola tarde.

O Museo de Bergantiños mantén practicamente o seu horario habitual agás cunhas pequenas modificacións. Poderase visitar os martes e xoves de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas; os mércores e os venres de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas; e os sábados e os domingos de feira estará aberto entre as 11.00 e as 14.00 horas.

Compartir: