Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocado un programa de apoio a familias con...

SERVIZOS SOCIAIS

Convocado un programa de apoio a familias con persoas maiores dependentes

Venres 3 de marzo do 2006

As persoas do concello interesadas en participar desta iniciativa poden solicitar toda a información nos Servizos Sociais do Concello de Carballo. O programa contempla dúas modalidades: estadías quincenais de 15 a 29 días e estadías de fin de semana. As estadías levaranse a cabo en residencias de Culleredo, Ferrol, Noia, Santiago, Salvaterra do Miño, Vigo, Ramirás, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Barbadás e A Coruña. O custo subvencionado para o usuario é de 380 euros por quincena ou de 38 euros por fin de semana completo. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto todo o ano. Para unha maior información tamén pode chamarse ao Teléfono do Maior: 900333666.

Compartir: