Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Corporación Municipal debate o Orzamento...

PLENO EXTRAORDINARIO

A Corporación Municipal debate o Orzamento Xeral para 2006

Luns 13 de marzo do 2006

O grupo de goberno ven de presentar recentemente as contas, que ascenden a 19.467.047,06 euros, dos que 5.752.214,64 destinaranse a inversións. O proxecto da Casa dos Oficios será unha das actuacións principais e conta cunha partida de 561.555,22 euros. O presuposto reflexa, ademáis, unha partida de 660.000 euros para a adquisición de terreos. Parte de esta cantidade serviría para comprar solo para comezar a urbanizar o entorno de A Lagoa. Outras das inversións previstas para este ano son o paseo fluvial do Bosque do Añón, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a construcción dos centros sociais de Berdillo e Sofán, a reposición do céspede do campo de fútbol de As Eiroas ou a construcción dun vial subterráneo e mercado provisional.

Compartir: