Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude para a cuarta fase...

Aberto o prazo de solicitude para a cuarta fase de implantación de composteiros

Xoves 12 de xaneiro do 2017

O plan de implantación de composteiros chega á súa 4ª fase, na que está prevista a implantación de composteiros en 45 novas vivendas. Carballo Limpo abre un proceso de inscrición para todas aquelas familias que queiran participar neste importante proxecto para conseguir un Carballo Sostible, e que poden solicitar o impreso de participación na Casa do Concello.

O composteiro e a formación para o seu uso son gratuítos grazas á implicación de Sogama, que ofrece os composteiros, e ao Concello de Carballo. que realizará a formación e acompañamento para que a implantación sexa un éxito ao igual que o foron as fases anteriores.

Ligazóns

Compartir: