Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo abre unha segunda...

O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o 27 deste mes

O Concello de Carballo abre unha segunda convocatoria para o curso de metal cunha modificación dos criterios para participar

Os aspirantes que superaron a primeira proba da convocatoria anterior xa serán convocados directamente para a segunda, que consiste nunha entrevista

Martes 21 de febreiro do 2017

A nave de soldadura do Fórum está equipada coa tecnoloxía máis avanzada

A nave de soldadura do Fórum está equipada coa tecnoloxía máis avanzada

O Concello de Carballo abre hoxe, 22 de febreiro, unha segunda convocatoria para o curso de soldadura con chapa fina, tubaxes redondos e cadrados con TIG e MIG/MAG na que se modifican os criterios para participar coa intención de incrementar a participación. Na primeira convocatoria presentaron solicitude 31 persoas, das que só 20 acudiron á primeira proba, e destas aprobaron 6. Aínda que todos superasen o proceso selectivo completo sería unha matrícula insuficiente para cubrir as 15 prazas do curso, cuxo programa formativo responde ás necesidades das principais empresas do sector da provincia.

Os candidatos deben acreditar 12 meses de experiencia laboral no sector do metal, ou estar en activo nese sector no momento da súa inscrición, ou posuír unha titulación académica nunha familia profesional vinculada

Para propiciar unha maior participación e ofrecer a formación específica que demandan as empresas usuarias da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo, nesta segunda convocatoria refórmanse as bases. Deste xeito, os candidatos deberán ter 18 anos cumpridos e “posuír 12 meses de experiencia laboral, demostrable, no sector do metal, ou estar en activo nese sector no momento da súa inscrición, ou posuír unha titulación académica ou un curso de formación profesional para o emprego cunha duración mínima de 200 h. nunha familia profesional vinculada ao sector, ou equivalente”. O resto das bases non varía: serán dúas probas eliminatorias, nas que o primeiro exercicio supón un 70% da nota, e o segundo, un 30%.

Esta nova convocatoria está aberta tamén ás persoas que quedaron fora da anterior, ben porque non cumprían os requisitos anteriores, máis esixentes, ou ben porque suspenderon a primeira proba.  Os seis aprobados, loxicamente, non terán que repetir o proceso, e quedan á espera de ser chamados para a entrevista.

O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o día 27. O impreso pode descargarse aquí mesmo ou recollerse no 2º andar do Fórum Carballo, onde tamén debe entregarse unha vez cumprimentado. O horario é de 9 a 13. O mesmo día 27 a partir das 13 horas publicarase a lista de admitidos e fixarase xa a data para o primeiro exame.

Descargas

Compartir: