Inicio Carballo ao día Avisos Nova listaxe de admitidos/as para participar na...

Nova listaxe de admitidos/as para participar na Campaña de Esquí organizada pola Deputación da Coruña

Mércores 8 de marzo do 2017

No documento adxunto podes consultar a nova listaxe de admitidos/as para participar na Campaña de Esquí 2017, organizada pola Deputación Provincial da Coruña. Na relación figuran as novas incorporacións como consecuencia das renuncias rexistradas e a nova listaxe de agarda.

O Concello de Carballo dispón de 13 prazas, e este ano está incluído na quinta quenda, do 26 ao 31 de marzo, xunto co resto dos concellos bergantiñáns. 


Os nenos e nenas admitidos que aínda non o fixeran deben entregar a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición, que pode descargarse aquí mesmo ou recoller nas oficinas de Carballo Deporte (rúa Vila de Corcubión)
  • Foto tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do DNI ou Libro de Familia
A documentación debe entregarse na oficina de Carballo Deporte.

Descargas

Compartir: