Inicio Carballo ao día Hemeroteca A praia de Razo podría acoller unha proba...

DEPORTE

A praia de Razo podría acoller unha proba do campionato nacional de voley praia

Domingo 11 de abril do 2004

Para delimitar a zona de xogo e instalar as gradas para o público farían falta da orde de dous mil metros cadrados de areal. A praia de Razo só podería albergar unha proba do campionato nacional se reúne as características que require un evento deste tipo, polo que de momento trátase só dunha posibilidade. O Campionato de España de voley praia é un dos puntos fortes do verán deportivo e conta cunhas características moi especiais, como son a espectacularidade, a diversión e a súa especial orientación á xuventude.

Compartir: