Inicio Carballo ao día Avisos O teléfono gratuíto 900 833 999 e a...

O teléfono gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega800.es están a disposición das persoas afectadas polas interferencias da 4G no sinal de televisión

Martes 28 de marzo do 2017

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange empezan a ofrecer en Carballo servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos nosos veciños e veciñas gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún. Para xestionar estes servizos puxéronse a disposición dos cidadáns o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega800.es.

Coa chegada do novo 4G a Carballo continua o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional desde o pasado mes de xullo e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o despregamento total da tecnoloxía. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/

Compartir: